Ruta: Portada Noticias Como se elaboran os pratos preparados refrixerados de Benboa?

Benboa

Tu tienda

Tu cesta está actualmente vacía.

Como se elaboran os pratos preparados refrixerados de Benboa?

Dende Benboa queremos aproveitar a estupenda reportaxe que a xente do Programa "Labranza" da TVG realizou nas nosas instalacións para que todos poidades coñecer un pouco mellor cómo elaboramos os nosos pratos e describir de forma xeral o noso proceso de elaboración.


Como podedes comprobar no vídeo é o noso un proceso moi artesanal e sinxelo, moi semellante ao dunha cociña tradicional e dende logo que moi alonxado dun proceso industrial levado a cabo nunha grande factoría.

Todas as mañás a primeira hora se reciben as materias primas coas que se traballará ese día, hortalizas, carnes frescas e peixes da mellor calidade e máxima frescura. Antes do seu almacenamento en cámara de conservación revisanse unha a unha e sométense a un control de calidade que inclúe control de temperaturas e pesos, frescura e integridade do produto e envases, etiquetado correcto e completo, etc.

Na sala de preelaboracións con temperatura controlada e non superior aos 15 ºC realizánse todas as operacións básicas de acondicionamento das materias primas, lavado e limpeza, corte e porcionado, pelado, fileteado, etc. Cada grupo de produtos dispón da súa zona específica de traballo e utensilios propios, co fín de evitar a contaminación cruzada.

Xa na cociña e dependendo do tipo do prato realízanse as diferentes elaboracións, dende preparación de salsas ata o marcado de carnes ou peixes na prancha, coción ao vapor de verduras ou patacas, se así o require a receita. Todos os ingredientes do prato deben quedar perfectamente acondicionados para que unha vez envasados na barquiña e sometidos ao tratamento térmico de pasteurización queden no seu punto exacto de cocción e cunha textura e sabor agradables e similares aos dunha cociña "tradicional".

Como xa comentamos, o seguinte paso, unha vez realizadas as precoccións e previo enfriamento no abatidor para evitar temperaturas de risco, procédese ao envasado do produto nas barquiñas, carnes ou peixes, coas súas salsas e gornicións nas proporcións e pesos indicadas nas especificacións técnicas de cada receita. De ahí ao autoclave, onde terá lugar o último e máis importante tratamento térmico que outorgará ao produto tanto as características organolépticas axeitadas como a vida útil buscada.

Un último abatemento ata temperaturas inferiores a 10 ºC e o produto será etiquetado e almacenado na cámara de refrixeración de produto terminado por debaixo de 4 ºC ata o momento da súa expedición.

Agora xa sabedes un pouco máis dos produtos Benboa e a súa preparación. A modo de conclusión final cremos que a característica maís diferenciadora dos pratos preparados refrixerados Benboa consiste na calidade das materias primas de partida, o trato artesanal que reciben durante todo o proceso e o suave tratamento térmico ao que se someten, tentando conseguir sempre sabores e texturas o máis cercanas posible aos da cociña caseira. É este un proceso de mellora contínua no que seguiremos, tentando satisfacer plenamente aos nosos clientes.

 

Contacto

Paco Teira

En nuestro blog

Saludos, hoy comenzamos
Saludos a todos, esta va a ser la primera de las anotaciones en el que quiere ser un pequeño blog en el que compartir con vosostros algunas de nuestras inquietudes, hablaros de nuestros platos, contaros de algún viaje…