Ruta: Portada O noso blog

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

Benboablog

Como se elaboran os pratos preparados refrixerados de Benboa?

Dende Benboa queremos aproveitar a estupenda reportaxe que a xente do Programa "Labranza" da TVG realizou nas nosas instalacións para que todos poidades coñecer un pouco mellor cómo elaboramos os nosos pratos e describir de forma xeral o noso proceso de elaboración.

 

Benboa no Forum Gastronómico Santiago 2010

O pasado mes de febreiro celebrouse en Santiago a segunda edición do Forum Gastronómico, todo un éxito de asistencia e de participación, e no que puidemos ver en acción a algúns dos cociñeiros galegos mais recoñecidos. Xente como Marcelo Tejedor, Pepe Solla, Xosé Cannas ou Flavio Morganti tiveron un papel relevante nun Forum no que ademáis participaron algúns dos mellores cociñeiros do mundo, xunto con xovenes talentos con moito que dicir no mundo da cociña.

 

 

Outono: tempada de cogomelos

A miña estación do ano preferida é sen dúbida o verán. Para alguén que viviu toda a vida a carón do mar coma mín, a chegada do outono e do mal tempo significa deixar de practicar a maioría das miñas aficións, os paseos pola praia a primeira hora, sair a pescar ou traer uns mexillóns das pedras, un bo baño na ladeira cando o sol pega forte,... Pero en realidade o outono ofrece tamén unha chea de cousas interesantes, con el por exemplo comeza a tempada dos cogumelos, e sen ser eu un gran especialista sí son quen de recoñecer catro ou cinco especies de gran valor culinario, e o cambio do paseo pola praia a pasear polo monte non resulta tan malo.

 

Os hábitos alimentarios dos galegos

Lemos estes días na prensa diferentes novas relacionadas coa nosa saúde e os nosos habitos alimenticios que nos enchen polo menos de inquietude, senón de preocupación, sobre todo aos que pensabamos que Galicia conseguira manterse un pouco ao marxe dos novos estilos de vida, e que a nosa xente aínda se rexia polos hábitos de consumo propios da “Dieta Atlántica”, esos que falan do elevado consumo de verduras, de peixes e mariscos, do consumo de lacteos, do moderado consumo de viño e a elevada inxesta de auga e da realización dun exercicio físico moderado. Deberíamos pararnos a pensar un momento e volver a vista atrás, de pouco serve preocuparse polo aspecto físico, por estar mais esbeltos, por consumir todos eses novos productos probióticos, enriquecidos con mil cousas, se despois resulta que non probamos unha peza de froita, ou deixamos cada vez mais de lado o consumo de vexetais, ou non facemos nin un mínimo de actividade física, siquera un paseo diario para estirar as pernas. 

 

Churrasco

Un dos pratos de mais éxito do verán, que por méritos propios pode considerarse xa un prato típico galego, a pesares de que so pasaron unhas décadas dende que os primeiros emigrantes galegos en Uruguay e na Argentina trouxeron esta forma de cociñar a carne,  que tivo moito éxito en Galicia dende o principio, seguro que axudado pola calidade das nosas carnes que quedan moi ben na grella. Ata lle dedican máis dunha festa gastronómica, como non podía ser doutra forma, nestes días de verán.

 

 

Empanada de pan de millo

Contábavos o oitro día falando das Sardiñas de San Xoan que oitro dos meus pratos preferidos (os que me coñezades preguntarédesvos cal será o prato que non estea entre os meus preferidos…) era a empanada de xoubas de pan de millo. Hoxe falaremos da de croques coa mesma masa de pan de millo, oitra obra de arte da nosa cociña tradicional.

 

 

Arroz con Lumbrigante

O fín de semana tocou arroz con lumbrigante na casa. É este un prato que para nos está asociado a celebración, a día de festa e reunión con amigos ou familiares, a disfrutar sen presas, a recuncar unha e oitra vez ata deixar a cazola sen un só gran e a longas sobremesas despois coas barrigas demasiado cheas para moverse da mesa.

 

 

Corrubedo: cea no Sursum Corda

Esta fín de semana de novo Corrubedo dou para pasar un par de días estupendos, e xa que polo de agora está complicado o de poder disfrutar dunhas boas vacacións, ter un sitio como este onde poder desconectar da loucura da semana, sen máis preocupacións que decidir a que praia vas a ir ou que vas a preparar para comer ou cear é un luxo e unha sorte que sabemos aproveitar ben durante todo o ano, e máis aínda no verán.

 

 

Sargos en Praia Menduiña

Fai uns días quedamos cuns amigos para comer e como o tempo acompañaba decidímos acercarnos hasta Praia Menduiña.

 Sempre resulta un plan perfecto para pasar o día, tomar uns viños polos bares dos portos de cangas ou moaña e prepararse para comer un bo peixe ao forno no restaurante de playa menduiña, un pequeño local cunha enorme terraza ao caron da plaia, en plena ría de Aldán, sen dúbida uns dos paraxes mais hermosos do país. Se ademáis vai bo tempo e podes comer na terraza e despois votar unha sestiña ou charlar cos amigos na praia o pracer e dobre.

 

 

Benboa: comer san e rápido xa é posible

O xornal Galicia Hoxe dedicou o domingo 28 de xuño dúas páxinas do seu suplemento Lecer a esta nosa aposta de fornecer de comida rápida, imaxinativa e de calidade.

 

Sardiñas por San Xoan

24/06/2009. Coa noite de San Xoan escomenza tamén a temporada das sardiñas. A partires de agora e ata casi ben rematado o verán poderemos disfrutar dun dos peixes mais saborosos e saudables que nos da o noso mar, que como bo peixe azul, posúe unha elevada porcentaxe de grasa de moi boa calidade, rica en ácidos grasos omega-3, relacionados coa prevención de enfermidades cardiovasculares. É ademáis a de San Xoan unha noite especial para os galegos que coma mín disfrutamos de todas estas tradicións e rituais que teñen a súa orixe nas crenzas dos nosos antergos.

 
Páxina 1 de 2

Contacto

Paco Teira

No noso blog

Saudos, hoxe comezamos
Saúdos a todos, esta vai ser a primeira das anotacións no que quere ser un pequeno blog no que compartir con vos algunhas das nosas inquietudes, falarvos dos nosos pratos, contarvos dalgunha viaxe…