Ruta: Portada O noso blog Novas

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

Novas

Como se elaboran os pratos preparados refrixerados de Benboa?

Dende Benboa queremos aproveitar a estupenda reportaxe que a xente do Programa "Labranza" da TVG realizou nas nosas instalacións para que todos poidades coñecer un pouco mellor cómo elaboramos os nosos pratos e describir de forma xeral o noso proceso de elaboración.

 

Benboa no Forum Gastronómico Santiago 2010

O pasado mes de febreiro celebrouse en Santiago a segunda edición do Forum Gastronómico, todo un éxito de asistencia e de participación, e no que puidemos ver en acción a algúns dos cociñeiros galegos mais recoñecidos. Xente como Marcelo Tejedor, Pepe Solla, Xosé Cannas ou Flavio Morganti tiveron un papel relevante nun Forum no que ademáis participaron algúns dos mellores cociñeiros do mundo, xunto con xovenes talentos con moito que dicir no mundo da cociña.

 

 

Outono: tempada de cogomelos

A miña estación do ano preferida é sen dúbida o verán. Para alguén que viviu toda a vida a carón do mar coma mín, a chegada do outono e do mal tempo significa deixar de practicar a maioría das miñas aficións, os paseos pola praia a primeira hora, sair a pescar ou traer uns mexillóns das pedras, un bo baño na ladeira cando o sol pega forte,... Pero en realidade o outono ofrece tamén unha chea de cousas interesantes, con el por exemplo comeza a tempada dos cogumelos, e sen ser eu un gran especialista sí son quen de recoñecer catro ou cinco especies de gran valor culinario, e o cambio do paseo pola praia a pasear polo monte non resulta tan malo.

 

Os hábitos alimentarios dos galegos

Lemos estes días na prensa diferentes novas relacionadas coa nosa saúde e os nosos habitos alimenticios que nos enchen polo menos de inquietude, senón de preocupación, sobre todo aos que pensabamos que Galicia conseguira manterse un pouco ao marxe dos novos estilos de vida, e que a nosa xente aínda se rexia polos hábitos de consumo propios da “Dieta Atlántica”, esos que falan do elevado consumo de verduras, de peixes e mariscos, do consumo de lacteos, do moderado consumo de viño e a elevada inxesta de auga e da realización dun exercicio físico moderado. Deberíamos pararnos a pensar un momento e volver a vista atrás, de pouco serve preocuparse polo aspecto físico, por estar mais esbeltos, por consumir todos eses novos productos probióticos, enriquecidos con mil cousas, se despois resulta que non probamos unha peza de froita, ou deixamos cada vez mais de lado o consumo de vexetais, ou non facemos nin un mínimo de actividade física, siquera un paseo diario para estirar as pernas. 

 

Benboa: comer san e rápido xa é posible

O xornal Galicia Hoxe dedicou o domingo 28 de xuño dúas páxinas do seu suplemento Lecer a esta nosa aposta de fornecer de comida rápida, imaxinativa e de calidade.

 

Saúdos, hoxe comezamos

Saúdos a todos, esta vai ser a primeira das anotacións no que quere ser un pequeno blog no que compartir con vos algunhas das nosas inquietudes, falarvos dos nosos pratos, contarvos dalgunha viaxe, opinar sobre algunha nova que nos pareza interesante, tervos ao día dos nosos adiantos, e tamen nalgún caso  desafogar un pouco as nosas frustracións e atrancos para sacar adiante o noso proxecto, xa que o binomio mocidade – empresa de nova creación a meirande parte das veces resulta un obstáculo difícil de esquivar, aínda suplindoo coa ilusión, atrevemento e en moitos casos a imprudencia que nos da a xuventude.

 

Contacto

Paco Teira

No noso blog

Saudos, hoxe comezamos
Saúdos a todos, esta vai ser a primeira das anotacións no que quere ser un pequeno blog no que compartir con vos algunhas das nosas inquietudes, falarvos dos nosos pratos, contarvos dalgunha viaxe…