Ruta: Portada Cociñar

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

Cociñar

Churrasco

Un dos pratos de mais éxito do verán, que por méritos propios pode considerarse xa un prato típico galego, a pesares de que so pasaron unhas décadas dende que os primeiros emigrantes galegos en Uruguay e na Argentina trouxeron esta forma de cociñar a carne,  que tivo moito éxito en Galicia dende o principio, seguro que axudado pola calidade das nosas carnes que quedan moi ben na grella. Ata lle dedican máis dunha festa gastronómica, como non podía ser doutra forma, nestes días de verán.

 

 

Empanada de pan de millo

Contábavos o oitro día falando das Sardiñas de San Xoan que oitro dos meus pratos preferidos (os que me coñezades preguntarédesvos cal será o prato que non estea entre os meus preferidos…) era a empanada de xoubas de pan de millo. Hoxe falaremos da de croques coa mesma masa de pan de millo, oitra obra de arte da nosa cociña tradicional.

 

 

Arroz con Lumbrigante

O fín de semana tocou arroz con lumbrigante na casa. É este un prato que para nos está asociado a celebración, a día de festa e reunión con amigos ou familiares, a disfrutar sen presas, a recuncar unha e oitra vez ata deixar a cazola sen un só gran e a longas sobremesas despois coas barrigas demasiado cheas para moverse da mesa.

 

 

Contacto

Paco Teira

No noso blog

Saudos, hoxe comezamos
Saúdos a todos, esta vai ser a primeira das anotacións no que quere ser un pequeno blog no que compartir con vos algunhas das nosas inquietudes, falarvos dos nosos pratos, contarvos dalgunha viaxe…