PROCESO DE COMPRA
Comprar na tenda benboa é un proceso sinxelo e seguro. So tes que seguir os seguintes pasos:
- Escolle os produtos que che interesen e engádeos á túa cesta facendo click sobre o botón "Mercar". No botón "ver carro" da esquina superior dereita poderás ver o contido do mesmo e continuar mercando ou ben procesar o pedido.
- Se xa estás rexistrado introduce o teu nome de usuario e maila contraseña. Se eres un "novo usuario" facilítanos o teu mail e unha contraseña (para poder rexistrarche como usuario), así como os teus datos de envío introducíndoos no recuadro que aparecerá na túa pantalla. Lembrámosche que únicamente pediremos os datos necesarios para o envío da mercadoría e facturación e estos están protexidos pola Ley orgánica 15/1999 de Protección de Datos de caracter persoal. Como verás benboa en ningún momento requerirá ningún tipo de dato bancario, que únicamente deberás introducir na Pasarela de Pagamento Segura de Caixanova no momento de formalizar o pedido.
- Unha vez teñas seleccionados todos os produtos que che interesan da tenda benboa fai click no botón "procesar pedido". Aparecerán na pantalla os detalles do pedido e da túa información de facturación e envío (poderás actualizar ou cambiar os teus datos se é necesario).
- Na seguinte pantalla mostrarémosche os gastos de envío; por defecto serán de 5 € para envíos dentro da Península. Lembra que para pedidos superiores a 60 € os gastos de envío correran pola conta de benboa. Fai click en "seguinte".
- Comproba de novo os detalles de teu pedido e se o desexas podes deixar unha nota indicando os teus horarios preferentes, posibilidades de deixar o paquete a un veciño, se o lugar da entrega é un domicilio, un comercio, etc. (benboa faralle chegar esa información á compañía de transportes pero benboa non pode garantir que se cumpra ese horario de entrega xa que é responsabilidade da campañía de transportes). Aproba os "termos de servizo" e fai click en "Confirmar pedido".
- Fai click no botón "realizar pagamento" e serás redireccionado á Pasarela de Pagamento Segura de Caixanova, onde poderás efectuar o pagamento, ben con cartón de crédito ou ben mediante transferencia bancaria.
- Unha vez memorizado o pedido e confirmado por parte de La Caixa o correcto pago do mesmo, beboa procederá a preparar o teu pedido, que che será enviado á dirección indicada en óptimas condicións e no menor tempo posible.
Se tes algunha dúbida podes porte en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente enviando a túa consulta a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Bo proveito e moitas grazas por confiar en Benboa!
GASTOS DE ENVÍO / TRANSPORTE
As zonas de entrega abarcan toda a Península Ibérica.
Os pedidos, con dirección de entrega na Península Ibérica, entregaranse entre as 48 e 72 horas seguintes a recibir a túa petición. Para evitar que a mercancía permaneza durante a fin de semana nos almacéns das empresas de reparto, todos os pedidos recibidos a partir do xoves serán enviados o luns seguinte, co obxectivo de preservar a máxima calidade do produto.
Por favor, consúltanos posibilidades de envío e prazos de entrega para pedidos fóra da península ibérica.
Non existe peso máximo para os pedidos, aínda que para pedidos superiores a 100 kg ou para pedidos de empresas agradeceriámos vos puxérades en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo para posibles descontos ou condicións especiais.
O custo dos gastos de envío para toda a Península será de 5 €.
Para pedidos superiores A 60 € os gastos de envío serán de balde. No caso de pedidos fóra da Península contactar con Atención ao Cliente.
Os produtos enviaranse dentro dunha caixa de cartón, debidamente etiquetada e embalada e en transporte refrixerado para non romper a cadea de frío e garantir a calidade dos mesmos.
O horario de entrega será de luns a venres de 09:00 a 19:00. benboa non pode garantir un horario de entrega, xa que é responsabilidade da compañía de transporte, en todo caso podes deixar unha nota cos teus horarios preferentes, e aconsellamoste que sempre haxa unha persoa na dirección do envío polo que suxerimos que si non vai estar ningúen no domicilio poñas como dirección de envío o lugar de traballo, un local o u comercio aberto de confianza, un veciño, etc.
No caso de non encontrar a ninguén no momento da entrega a compañía deixará unha nota cun número de teléfono para acordar o momento adecuado para a entrega. Se houbese algunha incidencia coa compañía de transportes pedímosche que te poñas en contacto co departamento de atención ao cliente a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo para que poidamos resolvela de inmediato.
En caso de que se puideran incumplir os prazos de entrega, benboa porase en contacto contigo vía correo electrónico para indicar o motivo do retraso.
FORMA DE PAGAMENTO
Mercar en Benboa é totalmente seguro, xa que temos escollido o método máis fiable para realizar as transaccións. Ademáis benboa en ningún momento ten acceso aos datos confidenciais bancarios. Todos os pagos serán realizados a través da Pasarela Segura de Pagamentos de Caixanova onde poderán efectualos ben mediante cartón de crédito ou ben mediante transferencia bancaria. Lembrámosche que esta última podería demorar en algúns casos o pedido.
CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS
Benboa aceptará cambios ou devolucións do producto nos seguintes casos:
- non sexa o pedido correcto.
- deterioro do mesmo durante o transporte.
En ámbolos dous casos deberán informarnos vía correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ) antes de dous días laborables dende o momento de recepción do pedido. No segundo caso e se no momento da recepción do pedido percibes que a caixa foi manipulada ou síntomas de humedade e deterioro pregámosche non acepte o pedido e o faga retornar aos nosos almacéns.
Con calquera outra dúbida sobre como mercar na nosa tenda por favor ponte en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente enviando a túa consulta a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .


COMO MERCAR