Ruta: Portada Novas Outono: tempada de cogomelos

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

Outono: tempada de cogomelos

A miña estación do ano preferida é sen dúbida o verán. Para alguén que viviu toda a vida a carón do mar coma mín, a chegada do outono e do mal tempo significa deixar de practicar a maioría das miñas aficións, os paseos pola praia a primeira hora, sair a pescar ou traer uns mexillóns das pedras, un bo baño na ladeira cando o sol pega forte,... Pero en realidade o outono ofrece tamén unha chea de cousas interesantes, con el por exemplo comeza a tempada dos cogumelos, e sen ser eu un gran especialista sí son quen de recoñecer catro ou cinco especies de gran valor culinario, e o cambio do paseo pola praia a pasear polo monte non resulta tan malo.

Fai xa unhas semanas que comezamos a sair ao monte e ata o de agora estamos tendo bastante sorte, e iso que as zonas costeiras de Vigo ou Corrubedo non serían en teoría as mais axeitadas, pero sempre hai algún pinar agochado por descubrir, e por suposto que un divertidísimo segredo que agachar cando se atopa un bo sitio. E tan pracenteiro como recollelas é organizar o xantar para os amigos, decidir qué pratos cociñar, con qué acompañar cada unha das especies, quizáis un revolto con cantarelus, uns níscalos á prancha cun pouco de allo e aceite, unhas macrolepiotas rebozadas e acompañadas cunha boa salsa de queixo, ...

Nesta ocasión a mañan dou, ademais de para un agradable e mais que saudable paseo, para un bo feixe de níscalos e un par de boletus edulis dun moi bo tamaño,suficiente para elaborar un estupendo carpaccio de boletus de entrante e un contundente rissotto de prato principal.

Para o carpaccio non temos mais que dispor dun coitelo ben afiado para cortar láminas o mais finas posibles, unhas gotas dun aceite de oliva non moi forte, unhas gotas de limón ou dun bo vinagre de xerez ou de módena, unhas escamas de sal mariña e un pouco de parmesano recién raiado. Así de sinxelo, pero un bocado realmente delicioso este boletus cru.

Para o rissotto, ter un bo caldo preparado cunha carcasa de polo e unhas hortalizas. Un bo sofrito con tomate, cebola, allo, cenoria e pemento, unhas tiras de calabacín, uns tacos de xamón, os níscalos e parte dos boeltus troceados, todo ben pochado, votar o arroz e ir engadindo pouco a pouco o caldo sen deixar de remover. Rematar cun vasiño de nata culinaria e cando o arroz estea no seu punto apagar o lume, votar o queixo parmesano raiado e remover para que se funda e mezcle ben. O resultado un arroz cremoso e cheo de sabor, e o punto final a un día estupendo, que comenzou cun paseo polo monte en boa compañía e rematou con esta estupenda cea. Ademáis non sei se a vos vos pasa tamén, pero a mín  as cousas sabenme moitísimo mellor se cabe cando un mesmo consegue as materias primas, como cando pescas un bo peixe ou unhas ducias de navallas, ou asas unhas castañas que recollestes paseando, unhas mazás asadas recen caídas do árbol, ...

 

 

Contacto

Paco Teira

No noso blog

Saudos, hoxe comezamos
Saúdos a todos, esta vai ser a primeira das anotacións no que quere ser un pequeno blog no que compartir con vos algunhas das nosas inquietudes, falarvos dos nosos pratos, contarvos dalgunha viaxe…