Ruta: Portada Novas Benboa no Forum Gastronómico Santiago 2010

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

Benboa no Forum Gastronómico Santiago 2010

O pasado mes de febreiro celebrouse en Santiago a segunda edición do Forum Gastronómico, todo un éxito de asistencia e de participación, e no que puidemos ver en acción a algúns dos cociñeiros galegos mais recoñecidos. Xente como Marcelo Tejedor, Pepe Solla, Xosé Cannas ou Flavio Morganti tiveron un papel relevante nun Forum no que ademáis participaron algúns dos mellores cociñeiros do mundo, xunto con xovenes talentos con moito que dicir no mundo da cociña.

 

Para Benboa foi a primeira participación nun evento deste tipo e a sua presenza na Feira do Forum pode considerarse tamén un éxito, xa que foi o escaparate ideal no que dar a coñecer os nosos pratos, e debido á masiva afluencia de público ao recinto feiral, foi moita a xente que nos coñeceu, que puido probar algúns dos nosos pratos e ata levar algún deles para a súa casa.

Benboa acadou ademáis o  Premio Innoforum na categoría de "Produto de concepto máis innovador", premios que quixeron recoñecer o esforzo innovador da empresa no mundo da gastronomía. Dito premio tivo unha moi importante repercusión entre os medios de comunicación tradicionais, así como en moitos dos Blogs de temática gastronómica a nivel nacional. É por elo que non podemos deixar de estar satisfeitos pola nosa participación no Forum e moi ilusionados e con enerxias renovadas para continuar coa nosa labor de dar a coñecer os pratos preparados de Benboa a nivel nacional.

 

 

 

Contacto

Paco Teira

No noso blog

Saudos, hoxe comezamos
Saúdos a todos, esta vai ser a primeira das anotacións no que quere ser un pequeno blog no que compartir con vos algunhas das nosas inquietudes, falarvos dos nosos pratos, contarvos dalgunha viaxe…