Dende Benboa queremos aproveitar a estupenda reportaxe que a xente do Programa "Labranza" da TVG realizou nas nosas instalacións para que todos poidades coñecer un pouco mellor cómo elaboramos os nosos pratos e describir de forma xeral o noso proceso de elaboración.
Todas as mañás a primeira hora se reciben as materias primas coas que se traballará ese día, hortalizas, carnes frescas e peixes da mellor calidade e máxima frescura. Antes do seu almacenamento en cámara de conservación revisanse unha a unha e sométense a un control de calidade que inclúe control de temperaturas e pesos, frescura e integridade do produto e envases, etiquetado correcto e completo, etc.
Na sala de preelaboracións con temperatura controlada e non superior aos 15 ºC realizánse todas as operacións básicas de acondicionamento das materias primas, lavado e limpeza, corte e porcionado, pelado, fileteado, etc. Cada grupo de produtos dispón da súa zona específica de traballo e utensilios propios, co fín de evitar a contaminación cruzada.
Xa na cociña e dependendo do tipo do prato realízanse as diferentes elaboracións, dende preparación de salsas ata o marcado de carnes ou peixes na prancha, coción ao vapor de verduras ou patacas, se así o require a receita. Todos os ingredientes do prato deben quedar perfectamente acondicionados para que unha vez envasados na barquiña e sometidos ao tratamento térmico de pasteurización queden no seu punto exacto de cocción e cunha textura e sabor agradables e similares aos dunha cociña "tradicional".
Como xa comentamos, o seguinte paso, unha vez realizadas as precoccións e previo enfriamento no abatidor para evitar temperaturas de risco, procédese ao envasado do produto nas barquiñas, carnes ou peixes, coas súas salsas e gornicións nas proporcións e pesos indicadas nas especificacións técnicas de cada receita. De ahí ao autoclave, onde terá lugar o último e máis importante tratamento térmico que outorgará ao produto tanto as características organolépticas axeitadas como a vida útil buscada.
Un último abatemento ata temperaturas inferiores a 10 ºC e o produto será etiquetado e almacenado na cámara de refrixeración de produto terminado por debaixo de 4 ºC ata o momento da súa expedición.
Agora xa sabedes un pouco máis dos produtos Benboa e a súa preparación. A modo de conclusión final cremos que a característica maís diferenciadora dos pratos preparados refrixerados Benboa consiste na calidade das materias primas de partida, o trato artesanal que reciben durante todo o proceso e o suave tratamento térmico ao que se someten, tentando conseguir sempre sabores e texturas o máis cercanas posible aos da cociña caseira. É este un proceso de mellora contínua no que seguiremos, tentando satisfacer plenamente aos nosos clientes.


