
Benboa dispón de procedementos que garanten a trazabilidade dos seus produtos, desde a recepción das súas materias primas até a expedición aos seus clientes.
A materia prima: Todas as materias primas que forman parte dos nosos pratos teñen unha calidade excelente e proceden na súa maioría da nosa terra.
Durante a recepción das mesmas efectúase un exhaustivo control de calidade para verificar que o produto correspóndese coas especificaciones pactadas cos provedores e que a calidade, tamaño e frescura son as adecuadas para os nosos pratos.
Durante a súa elaboración: Ademais, ao longo de todo o proceso de elaboración efectúanse diversos controis de calidade sensorial para garantir que o produto que se vai a cociñar ten as características organolépticas adecuadas e os pesos previamente fixados nas especificaciones técnicas.
Produto terminado: Unha vez terminado o proceso produtivo compróbase que a presentación e o selado das barquetas é o adecuado, ademais de controlar as temperaturas e os tempos tanto de pasteurización como de conservación do produto terminado.
Seguridade alimentaria: Tanto as instalacións como os procesos produtivos de Benboa cumpren con toda a normativa alimentaria aplicábel, e as condicións hixiénicas e sanitarias de produtos e instalacións están plenamente garantidas a través de controis externos e análises realizadas por laboratorios acreditados e certificados.
- Benboa ten implantado un sistema de análise de perigos e puntos críticos de control (APPCC) que garante a produción de alimentos seguros.
- Benboa dispón de procedementos que garanten a trazabilidade dos seus produtos, desde a recepción das súas materias primas até a expedición aos seus clientes.
- Benboa está en tramites de implantación un sistema de Xestión de seguridade alimentaria, ISO 22000, así como de xestión ambiental ISO 14001.
- Benboa está inscrita no rexistro xeral sanitario de alimentos co número 26.10631 /PO.


