Ruta: Portada O noso produto A orixe

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

A orixe: cociña tradicional galega

Existe un tópico, moi estendido, que mostra ao noso País como un paraíso gastronómico, de mariscos, abundantes e baratos, fresquísimos peixes e, en xeral, materias primas dunha calidade absoluta, até chegar a dicir que a nosa é unha cociña moi elemental, fervidos, ferros e pouco máis, para non enmascarar os sabores de tan extraordinarias materias primas. Evidentemente este tópico ten a súa parte de verdade, aínda que seria simplificar demasiado unha gastronomía, a galega, que é o froito dunha gran diversidade xeográfica e de séculos de historia na que pasaron diferentes culturas, achegando cada unha delas as súas particularidades.

Fóronse, deste xeito, incorporando produtos foráneos, como o arroz, a pataca, o millo, ou o pemento e vivíronse épocas de escaseza extrema de alimentos, obrigando a millóns de galegos a deixar a súa terras para buscar un futuro mellor.

Froito da nosa historia atopámonos a cociña da abundancia, das casas señoriais, dos pazos e dos mosteiros, da que xorden pratos nos que o importante é a vianda, os mariscos cocidos, as grandes pezas de carnes asadas ou os doces a base de améndoas ou chocolate, ingredientes de luxo noutros tempos.

Pero nos atopamos tamén coa cociña da escaseza, de onde saen os potes mariñeiros, as caldeiradas, os arroces caldosos, as sopas ou os guisos, receitas que permitían sacar proveito dos esqueletes das aves, dos ósos con pouca carne ou de moluscos que daquela non tiñan a categoría de marisco, para satisfacer a necesidade de alimentarse. Xorden de aí tamén os doces máis modestos, as torradas de viño, o leite frito, as chulas de cabaza, as filloas…

Ademais, tradicionalmente a cociña popular galega sempre foi un acto social, sobre a que viraban todas as festividades, que adoitaban estar marcadas polo ritmo agrario, a recolleita, as cortas, as mallas, a matanza do porco…, ou polas festas patronais, que adoitaban desenvolverse no verán, o Nadal, o Entroido,…

Así, atopámonos con que a noiteboa, sobre todo na zona do litoral, celebrábase cunha boa posta de bacallau fervido con patacas e coliflor e aderezado cunha boa allada. Temos que o inverno é a tempada do cocido, e no Entroido chega o intre do lacón con grelos. Por San Xoán non poden faltar as sardiñas, mellor frescas e salgadas na grella, asadas en sarmentos de vide e acompañadas dun anaco de pan de millo. Polo San Martiño e durante os días que dura a matanza cocíñanse os fígados do porco en cebola, os riles, os filetes de lombo frescos, e prepáranse os roxóns e a zorza. Outros pratos que non poden faltar en ningunha celebración son a empanada e o polbo á feira.

 

Da nosa tenda

Polbo guisado Anacos de polbo guisados nunha salsa tradicional de verduras, caldo do propio polbo e pemento doce, acompañados de patacas.
Arroz con zamburiñas e lagostinos Receita tradicional de arroz con zamburiñas e lagostinos.
Xarrete de tenreira ao mencía Anacos de xarrete de tenreira galega acompañados de patacas, cebola, xudia plana e cenoria, cociñados con prebe de carne ao mencía.
Sample banner