
- Produto saudábel e equilibrado, elaborado con materias primas naturais e seguindo os principios da "Dieta Atlántica".
- Preservación das calidades organolépticas do produto: As temperaturas de traballo, sensibelmente máis baixas, minimizan os efectos agresivos que producen os métodos tradicionais, como son a deshidratación, o resecado, perda de mollos, evaporación, etc., respectando ao máximo o sabor do prato e minimizando a destrución de nutrientes.
- Mellor incorporación de aromas aos produtos (evítase a perda dos aromas volátiles ao estar ao baleiro).
- Maior conservación e frescura; alarga a vida útil dos produtos con respecto absoluto das súas calidades hixiénicas e organolépticas.
- Hixiene: Debido á cocción e á protección da barquiña os alimentos presérvanse do contacto co aire e outros produtos, impedindo a proliferación de bacterias aeróbias e estabilizando a carga microbiana polo efecto da conservación en frío.
- Rapidez e comodidade: pratos completamente rematados que só necesitan dun par de minutos de microondas para quentar e emplatar para poder gozar dunha estupenda comida.
O proceso de elaboración de Benboa, completamente artesanal e flexible, así como a dispoñibilidade na nosa terra dunha enorme variedade de materias primas permítenos presentar unha ampla liña de pratos cunhas características organolépticas ben diferenciadas doutros produtos presentes no mercado, como poden ser:
Entrantes, como as luras recheas encebolados, o polbo guisado con patacas ao pemento, o escabeche morno de xarda ou a empanada de zamburiñas con pan de millo.
Arroces e pastas, como o arroz de zamburiñas ou os fideos con mexillóns.
Ensaladas, como a tépeda de bacallau ou a de bonito.
Peixes, como o bacallau confitado con grelos, a pescada con algas en salsa de albariño ou a raia á galega.
Carnes, como o xarrete de tenreira ao viño de mencía con verduras de tempada, o polo de curral estofado ou o raxo de porco en salsa de tetilla recheo con grelos e castañas.
Sobremesas, como o flan de queixo, a torta da avoa ou o cremoso de arroz con leite e castañas.
Ademais, Benboa, seguindo a súa filosofía de responsabilidade social coa saúde do consumidor aposta pola utilización unicamente de produtos naturais e de calidade, evitando o uso de ningún tipo de aditivo ou conservante químico, así como o uso de alimentos modificados xeneticamente e está en proceso de inscrición no Consello regulador da Agricultura ecolóxica de Galicia, C.R.A.E.G.A., para sacar ao mercado un liña de pratos elaborados exclusivamente con materias primas de produción ecolóxica.
A elaboración
O proceso de elaboración dos nosos pratos é absolutamente natural e tradicional, e comeza coa preparación e acondicionado de todas as materias primas que se utilizarán no prato. Na sala de preelaboracións en cru límpanse e trocean as hortalizas, as carnes ou os peixes, se salpimentan, mariñan, mesturan, etc.
Unha vez na nosa cociña procédese a preparar os prebes e caldos, sempre naturais, a freir, saltear, dourar ou marcar as diferentes porcións de peixe ou carne e as guarnicións. Fornos, marmitas, ferros, tixolas, cos que se consegue extraer todo o sabor e proporcionar unha aparencia atractiva aos nosos produtos. Logo dun enfriamento rápido que nos asegura manter intactas as condicións hixiénicas procédese ao envasado e termoselado dos pratos, para inmediatamente realizar un último tratamento térmico no autoclave ou no forno de vapor. Esta vez a cocción será moito menos agresiva co alimento, xa que se realizará a baixas temperaturas e durante un período de tempo máis longo que no sistema tradicional, de modo que se consiga a temperatura exacta ao centro do produto para manter todas as características de textura, sabor e aroma.
En todo caso, e para que as operacións de procesado non afecten á calidade organoléptica do produto e evitar que se orixinen riscos microbiológicos resulta ademais esencial manter elevados estándares de hixiene e utilizar sempre ingredientes da mellor calidade.


