
RELENTO S.L. é unha nova empresa galega que se constitúe en xullo do 2007 para pór en marcha o proxecto empresarial "Benboa, cociña creativa, práctica e natural", a partir da idea de adaptar os mellores pratos da gastronomía galega ao estilo de vida e ás necesidades do consumidor actual.
Xorde así a liña de pratos preparados refrixerados Benboa, baseados na cociña galega máis tradicional, seguindo os sans principios da Dieta Atlántica, concedendo unha enorme importancia ás materias primas utilizadas, carnes e peixes de primeira calidade, acompañados de gran variedade de excelentes vexetais, cultivados e extraídos da terra e dos mares de Galicia e procesados de maneira que conserven todas as súas características organolépticas e nutricionais, cun toque creativo, combinando sen complexos todos os ingredientes que temos ao noso ao redor, e por suposto práctica e cómoda, ao tratarse de pratos xa preparados que se conservan perfectamente en neveira e que só requiren dun pequeno quecemento previo para o seu consumo.
Relento S. L. (Benboa)Rúa do Torreiro 1, Corrubedo 15969-Ribeira-Galicia-SpainTel.: +34 981 865 128


