Ruta: Portada Quen somos? A marca Benboa

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

A marca Benboa



Benboa
inspírase para todos os seus produtos nos principios da ‘Dieta Atlántica’, concedendo unha enorme importancia ás materias primas empregadas.

Empregamos carnes e peixes  de primeira calidade, sempre acompañados con gran variedade de vexetais, utilizando o aceite de oliva como principal graxa alimentaria e sen engadir ningún tipo de conservante químico; conseguindo deste xeito pratos moi saudables, equilibrados e sobre todo apetitosos.

Benboa garante a seguridade alimentaria dos seus produtos a través de controis externos e análises realizadas por laboratorios acreditados e certificados.  Amais disto, tamén colabora nun proxecto de investigación co Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo, mellorando todos os procesos ata conseguir manter intactas as calidades organolépticas e nutricionais dos seus alimentos.

 

 

Da nosa tenda

Polbo guisado Anacos de polbo guisados nunha salsa tradicional de verduras, caldo do propio polbo e pemento doce, acompañados de patacas.
Arroz con zamburiñas e lagostinos Receita tradicional de arroz con zamburiñas e lagostinos.
Xarrete de tenreira ao mencía Anacos de xarrete de tenreira galega acompañados de patacas, cebola, xudia plana e cenoria, cociñados con prebe de carne ao mencía.
Sample banner