Ruta: Portada Quen somos? As instalacións

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

As instalacións

A cociña "Benboa" emprázase en pleno centro de Vigo, a poucos metros do maior porto do país e preto dos principais mercados da cidade.

Dispón dunhas modernas instalacións deseñadas de maneira que tanto os fluxos de proceso como os equipos implementados contribúan a lograr altos niveis de calidade e seguridade alimentaria en todos os nosos produtos elaborados.

O eixo principal de Benboa é a súa cociña, unha cociña tradicional que nos permite realizar todo tipo de preparacións mediante técnicas de preparación tradicionais, frituras, estofados, coccións lentas, sempre dando a máxima prioridade ao mantemento das calidades organolépticas da nosa materia prima.

Ao redor da nosa cociña disponse unha moderna sala de preparación de materias primas, unha sala de envasado e zonas de almacenamento frigorífico, con temperatura controlada e equipadas para preservar a calidade hixiénica dos nosos produtos durante a súa manipulación e conservación.
 

Da nosa tenda

Polbo guisado Anacos de polbo guisados nunha salsa tradicional de verduras, caldo do propio polbo e pemento doce, acompañados de patacas.
Arroz con zamburiñas e lagostinos Receita tradicional de arroz con zamburiñas e lagostinos.
Xarrete de tenreira ao mencía Anacos de xarrete de tenreira galega acompañados de patacas, cebola, xudia plana e cenoria, cociñados con prebe de carne ao mencía.
Sample banner