Ruta: Portada Quen somos? Innovación e tradición

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

Innovación e tradición

A innovación no presente proxecto radica tanto na tecnoloxía a utilizar como na gama de produtos a realizar. 

A combinación de diferentes técnicas de conservación, baleiro, pasteurización e refrixeración, así como os equipos implementados no proceso co fin de aumentar a vida útil dos produtos de forma que manteñan intactas as súas calidades organolépticas e nutricionais son prácticas relativamente novas e das que se prevé teñan unha evolución moi positiva a curto e medio prazo.

Pero en realidade o innovador de noso "Proxecto Benboa" é o ofrecer aos nosos clientes algúns dos máis apetitosos pratos da nosa gastronomia tradicional galega, actualizando a súa presentación e satisfacendo deste xeito unha crecente demanda de comida de cómoda e de rápida preparación, pero que á vez saudábel e equilibrada, seguindo os principios da "Dieta Atlántica". Concedemos unha enorme importancia ás materias primas utilizadas e evitamos sempre a adición de conservantes químicos, de xeito que os nosos pratos poidan formar parte tanto da dieta diaria dos nosos clientes como dos seus momentos máis especiais.

 

Da nosa tenda

Polbo guisado Anacos de polbo guisados nunha salsa tradicional de verduras, caldo do propio polbo e pemento doce, acompañados de patacas.
Arroz con zamburiñas e lagostinos Receita tradicional de arroz con zamburiñas e lagostinos.
Xarrete de tenreira ao mencía Anacos de xarrete de tenreira galega acompañados de patacas, cebola, xudia plana e cenoria, cociñados con prebe de carne ao mencía.
Sample banner