Ruta: Portada Restaurantes galegos Sargos en Praia Menduiña

Benboa

A túa tenda

Carro baleiro

Sargos en Praia Menduiña

Fai uns días quedamos cuns amigos para comer e como o tempo acompañaba decidímos acercarnos hasta Praia Menduiña.

 Sempre resulta un plan perfecto para pasar o día, tomar uns viños polos bares dos portos de cangas ou moaña e prepararse para comer un bo peixe ao forno no restaurante de playa menduiña, un pequeño local cunha enorme terraza ao caron da plaia, en plena ría de Aldán, sen dúbida uns dos paraxes mais hermosos do país. Se ademáis vai bo tempo e podes comer na terraza e despois votar unha sestiña ou charlar cos amigos na praia o pracer e dobre.

 

A oferta do menduiña é de cociña mariñeira tradicional, cuns poucos entrantes como ameixas, navallas, mexillóns, calamares ou empanada, arroces de factura correcta e sobre todo uns peixes ao forno espectaculares, xa que parten sempre dunha materia prima de primeirísima calidade. Nos sempre chamamos o día anterior ademáis de para reservar para saber que peixes van a ter, normalmente lubinas, ollomois e sargos dos que é xa btte difícil atopar nas prazas. Esta vez tocou sargo, así que poidemos disfrutrar dun par de pezas de cerca dos 2 kg cociñados ao forno con patacas, cebola e pementos. A nai de Jose e Gus, os dous simpáticos irmáns que rexentan  o local, é a encargada de cociñalos, e a bo fe que despois de tantos anos nos fogons a muller ten moi boa man para os peixes, aínda que de vez en cando se lle vaia un pouco a man co sal.

Con este peixe, unha tamén estupenda empanada de polbo (cunha masa triga gordiña e esponxosa, e o polbo perfecto de punto), uns calamares, un par de botellas de albariño, uns postres e un licor café (esto último, tanto os postres coma o licor si poderían mellorar moito, non sei porque en algúns sitios lle dan tan pouca importancia ás sobremesas, cando debería ser a guinda para ter unha comida redonda), e cunha boa conversa en compañía de bos amigos tivemos para pasar unha xornada inmellorable, e pareceme lembrar que non chegamos aos 30 € por persoa.

 O sargo e para mín un dos peixes mais sabrosos dos que temos na nosa costa, sobre todo as pezas grandes do chamado sargo breado, cunha carne firme e cun sabor esplendido e moi marcado a mar. É este un peixe da familia dos espáridos, que ten o seu habitat cerca da costa, mellor en zonas rocosas nas que se alimentan de mexillóns, pateiros, algas e hasta de percebes, co cal ten a sua explicación o dos seus dentes tan carácterísticos e sobre todo o do seu delicioso sabor.

 O sargo é  un peixe moi apreciado entre os pescadores xa sexa con cana ou en pesca submarina, xa que non é unha presa fácil de conseguir. Na pesca artesanal ademáis dos trasmallos tamén os barcos do cerco o poden capturar, e ás veces, cando andan todos en grupo teñense conseguido  importantes capturas, lín que ahí atrás chegara a terra algún barco de Ribeira con duas ou tres toneladas de sargo de moi bo tamaño .

 Remato coa receita do sargo ao forno, que ben pode valer para oitros peixes, como o ollomol, a dourada ou tamén a lubina:

 Mondar as patacas, cortalas tipo panadera e fritilas na sarten con aceite de oliva ben quente. Facer o mesmo coa cebola, os allos e o pemento en tiras. Facer unha cama na bandexa que vaia a  ir ao forno coa pataca. Despois de limpo e desescamado o peixe, facerlle uns cortes no lombo, salar por ámbolos dous lados e votarlle un chorriño de limón. Acomodar o peixe sobre a cama de patacas, votarlle ao redor os pementos e cebola xa pochados (podense engadir tamén uns trozos de tomate) e regar todo cun vaso de viño branco, moito mellor se é albariño. De ahí ao forno previamente prequentado a 220 ºC durante uns 10-15 minutos, dependendo do tamaño do peixe (aquí hay quen opta polo contrario, por o forno a baixa temperatura, uns 120 ºC, e ter o peixe durante uns 45-50 minutos, eu persoalmente prefiro ter o forno a máis temperatura, eso sí, estando pendiente todo o rato del, mirando a través do cristal cómo comenza a ferver o viño, e como se vai levantando a pel e cambiando de cor; e sempre é mellor quedarse corto que pasarse, xa que quedaría moi seco e malograríamos un gran peixe. Despois disto pouco máis, retirar rapido do forno, rocialo cun pouco do prebe que quedou no fondo da bandexa e servilo na mesma directamente na mesa.

 Plato espectacular, que lembra aos que facían as nosas avoas anos atrás.

 

 

 

Contacto

Paco Teira

No noso blog

Saudos, hoxe comezamos
Saúdos a todos, esta vai ser a primeira das anotacións no que quere ser un pequeno blog no que compartir con vos algunhas das nosas inquietudes, falarvos dos nosos pratos, contarvos dalgunha viaxe…