Esta fín de semana de novo Corrubedo dou para pasar un par de días estupendos, e xa que polo de agora está complicado o de poder disfrutar dunhas boas vacacións, ter un sitio como este onde poder desconectar da loucura da semana, sen máis preocupacións que decidir a que praia vas a ir ou que vas a preparar para comer ou cear é un luxo e unha sorte que sabemos aproveitar ben durante todo o ano, e máis aínda no verán.
O venres non houbo sorte e non puiden disfrutar da praia, as obrigas tiveronme en Vigo ata más tarde do que esperaba así que cheguei xusto a tempo para tomar unha caña e averiguar cantos seríamos para cear esa noite. O resto estaba xa feito, en dez minutos preparamos unha cea estupenda, toda con productos de benboa: Unhas saladas mornas de bacallau (un golpe de microondas, un pouco de mimo para emplatalas nun aro e montar a salsa cun pouco de aceite de oliva e a xelatina que soltara o propio bacallau), un polbo guisado (o mesmo, dous minutos de microondas, cortar o polbo, xa que ven na barqueta o raxo enteiro, emplatar o polbo e mailas patacas e salsear). De segundo prato emborcar 6 barquetas de carrilleiras de porco á cervexa con patacas asadas e castañas nunha bandexa de forno, prequentar a 200 ºC e fornear 10 minutos hasta que estén quentes e a carrilleira volva coller un tono doradiño. De sobremesa arroz con leite tamén de benboa. Disque a todos lles encantou, non sei se fiarme moito porque son amigos e sei que os teño gañados para a causa dende fai tempo.
O sábado amenceu un deses días dos que en Corrubedo temos moi poucos ao ano, así que tocaba paseo polas dunas, ademáis con marea baixa, todo un espectáculo para os sentidos. Pouco máis tarde da unha a repor forzas polos bares de Corrubedo, unhas cervexas ben frescas acompañadas coas súas tapas (ademáis este ano temos un novo local en Corrubedo, o Bolardo, e xa empezan a ser moitos para visitalos a todos nunha mesma ronda). A comida tocaba coa familia, e como na miña casa son todos larpeiros coma mín tivemos que dar conta dun arroz con lumbrigante do que xa vos falarei nos próximos días. Despois dunha longa sobremesa volta para a praia coa sensación de estar inflado como un bocoi e a tentar facer unha dixestión ben complicada, xa que á noite quedarámos para cear na de Luis de Baliño e non quedaban moitas horas entre unha lupanda e a oitra.
O local de Luis, o Sursum Corda, leva aberto xa uns anos, trátase dunha antigua casa de labranza que Luis rehabilitou, primeiro como bar, o ano pasado abreu un pequeño hotel rural con 8 habitacións e finalmente este ano decidiuse a ofrecer unha pequena carta, moi sinxela e sen grandes pretensións pero que dende logo mellora bastante a oferta que hasta agora tiñamos no pueblo. E para empezar o seu primeiro acerto foi contratar tanto para a cociña como para a barra a xente que parece moi seria e profesional e con ampla experiencia no mundo da hostelería, o cal é todo un luxo por estes lares.
A carta como digo é sinxela e moi tradicional pero suficiente para que todo o mundo poida encontrar algo interesante nela. Uns poucos entrantes, que incluén uns bos embutidos e algo de marisco, tres ou catro peixes, tres ou catro carnes, e as sobremesas todas caseiras. A todo esto sumarlle unha estupenda parrilla que ten montada na terraza, para preparar tanto carnes como peixes á brasa. Pero nos que o coñecemos dende hai anos, é sabemos que a súa oitra actividade profesional a parte do local é a de mariscador e a pesca submarina tiñámos claro o menú. De primeiros unhas navallas fresquísimas, dun moi bo tamaño e soamente abertas na plancha, espectaculares. Tamén a ameixa, da babosa e de moi boa calidade e tamaño, pode que un pouco de allo de máis na salsa, pero ben ricas tamén. E para rematar os entrantes unhas croquetas caseiras acompañadas de patacas fritas. De segundo eu tiña ben claro o que pedir, un sarguiño que debía andar no medio kilo preparado á plancha enteiro, feito no seu punto e acompañado cunha pataca asada. Plato sinxelo pero cunha materia prima dunha calidade impecable. Tamén poiden probar un pouco do entrecosto á pementa que tiña ao lado, e a carne estaba tamén moi boa. De sobremesa eu pedín unha mousse de chocolate, pero andiven listo e tamén catei algo de filloa á laranxa cunha boliña de xeado e un trozo de leite fritida con natillas. Como decía todo caseiro, e acostumados como estamos por aquí á tarta xeada, a selva negra ou a de queixo con marmelada por enriba,…
Así que resultou unha cea do mais agradable, ademáis a noite estaba moi boa e poidemos cear na estupenda terraza, con xersei eso sí, que estamos en Corrubedo. Uns cafés acompañados cos seus licores correspondentes e unha última copa para axudar á digestión, esta xa dentro do local e rematamos un día completo. Seguro que non será a última visita ao Sursum este verán.
O domingo non fallaron as previsións e o día estivo feo, todo cerrado de neboa e con ese orballo metendose por todo o corpo.
Xa quedan só catro días para o próximo venres, haberá que estar pendentes de Meteo Galicia, wind gurú e oitros avances da internet é ir xa planificando o fín de semana que ven.



